Sustentabilidade - Nomen Earth

Descubre o noso compromiso co medio ambiente

Substituímos as embalaxes de plástico por papel reciclable

Outra misión do comité de embalaxe é reducir ao máximo as bobinas de plástico, seguindo a liña de aplicar medidas pensadas para reducir as emisións de CO2 e preservar o noso entorno. Con ese obxectivo cambiamos o envase do arroz longo por papel 100% reciclable, un deseño máis sustentable e respectuoso co medio ambiente.

Utilizamos enerxía renovable 100%

Toda a enerxía que utilizamos é 100% verde. Reducimos as emisión de CO2 nun 57,3% grazas á contratación dun subministrador enerxético que nos garante que a enerxía que recibimos procede de fontes 100% renovables.

Traballamos para reducir as embalaxes: menos plásticos e cartóns

Unha das tarefas do comité de embalaxes, integrado por diferentes traballadores de Nomen Foods, foi reducir o dobre envase, acadando unha redución do 26,5%. Como empresa subscrita ao plan empresarial de prevención de Ecoembes, conseguimos diminuír 1,50 kg por cada embalaxe sacada ao mercado.

Estamos cambiando os fluorescentes por LED

Co obxectivo de reducir o custo enerxético, cada ano imos substituíndo unha elevada porcentaxe de tubos fluorescentes convencionais por luces LED, que proporcionan un importante aforro enerxético e de consumo.

Reducimos o uso de papel e apostamos por papel reciclado

A aposta por unha oficina sen papeis, unida ao cambio a papel reciclado e con menor gramaxe que o empregado anteriormente, permitiunos reducir considerablemente o consumo deste recurso.

Investimos en tecnoloxía máis eficiente enerxeticamente

A mellora continua é intrínseca a todas as áreas do proceso de produción, desde o muíño ata o empaquetado, por iso investimos en sistemas intelixentes con novas tecnoloxías e maquinaria máis eficiente desde o punto de vista enerxético, que axudan a reducir o consumo de enerxía.

Apostamos pola externalización loxística

A optimización da loxística cun socio externo orientado tamén á sustentabilidade e ao compromiso medioambiental, unha plataforma loxística cunhas instalacións máis eficientes desde o punto de vista enerxético e conformes coa política de empresa de reducir a pegada de carbono.

Eliminamos as botellas de plástico

Substituímos todas as botellas de plástico por botellas de vidro e vasos de cartón, ademais de instalar fontes de auga para o uso dos traballadores coa fin de xerar o mínimo de residuos posible.

Plantamos árbores ao redor da fábrica

Impulsados polo comité de sustentabilidade e baixo a tutela do Parque Natural, estamos a plantar árbores autóctonas ao redor da planta de produción do Delta para reducir o impacto visual e favorecer o entorno con máis masa forestal. Tamén estamos a instalar caixas-niño para morcegos, que contribúen a manter afastados os mosquitos de forma natural.

Compromiso co medio ambiente certificado pola ISO 14001

Contamos cun sistema de xestión ambiental baseado na norma ISO 14001 que promove a obtención de produtos de calidade minimizando o impacto ambiental derivado da nosa actividade, misión aliñada cos diferentes obxectivos ambientais establecidos pola nosa empresa.

Impulsamos o cultivo de arroz ecolóxico

A aposta firme por un cultivo máis sostible e respectuoso co medio ambiente pasa por cultivar máis arroz ecolóxico, xa que no seu non se empregan abonos nin pesticidas sintéticos, polo que conserva todo o sabor e as calidades dun arroz sen tratar. Un arroz puro ao 100%, cultivado con métodos naturais.

Creamos o proxecto Nomen Earth

Destinamos o 100% dos beneficios xerados polas vendas do arroz Nomen Earth a financiar accións a favor do medio ambiente, dedicadas a loitar contra o cambio climático e a lograr un planeta máis sostible.