XA TEMOS FINALISTAS!

ESTES SON OS SEIS DESEÑOS FINALISTAS DA EDICIÓN 2021 DO CONCURSO DE DESEÑO FRONTAL DO PAQUETE DO PRODUTO NOMEN EARTH.

O obxectivo do concurso é escoller o deseño da parte dianteira do envase 2021 do arroz Nomen Earth, un produto creado por Nomen Foods e inspirado na preservación do medio ambiente, para que as xeracións vindeiras poidan gozar dos recursos naturais que ofrece o planeta.
Abrimos a votación online para que elixades o deseño gañador. O gañador do concurso obterá un premio en metálico de mil euros (1000 EUR).
Todos os participantes entrarán no sorteo semanal dun lote de produtos Nomen. O prazo para as votacións é ata as 23:59 horas do 31 de maio.
FUTUROS TALENTOS XUVENÍS

O equipo de Nomen Earth desexa agradecer o esforzo de todas e todos os participantes da edición 2021 do concurso de deseño de Nomen Earth, así como a achega do voso gran de arroz para preservar o planeta.

Queremos facer una mención especial dos participantes máis novos, os nosos futuros talentos e gardiáns do planeta Terra. Comprácenos comprobar o voso compromiso e sensibilidades coas causas e proxectos ambientais.

Sen dúbida, o futuro do noso planeta está en boas mans.

#TuGranitoDeArrozPorElPlaneta